Saturday 27 de April de 2024

Valoracións Walter Pardo reunión consellería


O alcalde de Malpica, Walter Pardo, reuniuse esta mañá, xunto con diversos rexedores e rexedoras da comarca de Bergantiños e Soneira, co Conselleiro de Sanidade para abordar a problemática do coronavirus no noso municipio. O Concello de Malpica presenta nestes momentos 68 casos activos por covid-19. O rexedor malpicán agradeceulle a realización do cribado masivo deste sábado, pero incidiu na necesidade da realización destas probas a outros colectivos, como nos centros educativos ou ás persoas que traballan de cara ao público.

Estas reunións serán periódicas, cada xoves, e a información darase con máis precisión e de xeito continuado. É moi importante continuar cumplindo e respectando as medidas, para poder saír desta situación o antes posible. Lembremos pois, da importancia de:

Lavar as mans con frecuencia
Gardar as distancias interpersoais
Usar mascara sanitaria en todo momento

Só así poderemos frear a curva!